Vieiros

Vieiros de meu Perfil


RSS de
A ORGANIZACIÓN NEGOCIA A PRESENZA DE TIM BURTON NO FESTIVAL

Videoxogos e animación dixital, principais protagonistas de Mundos Dixitais

O festival Mundos Dixitais reunirá na súa quinta edición aos profesionais máis destacado do mundo da animación dixital, os efectos especias de cine e os videoxogos. Así, do 1 ó 8 de xullo responsábeis de filmes como �A noiva cadáver�, �Charlie e a fábrica de chocolate�, �V de vendetta� ou �Cars� de Pixar, amosarán na Coruña os segredos da creación do seus traballos. A directora da Fundación Caixa Galicia, Teresa Portos, asegurou que a entidade está a negociar a presenza do prestixioso director norteamericano Tim Burton.

- 10:54 09/06/2006
Tags:

Catro grandes áreas conformarán Mundos Dixitais: conferencias e obradoiros, unha zona de xogos aberta ao público, a xornada Galicia Dixital e o Festival Internacional de Animación.

A presenza de profesionais responsábeis das creacións cinematográficas máis creativas do último ano é, sen dúbida, o gran atractivo do festival. Así, á cita coruñesa asistirán membros do equipo técnico de películas como �A noiva cadáver�, �Batman begins�, �Charlie e a fábrica de chocolate�, �V de vendetta�, �Cars� de Pixar, ademáis de profesionais galegos responsábeis de �O rato Pérez� de Bren Entertainment e �Holly Night�, de Dygra Films.

Na rolda de prensa de presentación do festival, Teresa Portos, directora da Fundación Caixa Galicia, asegurou que a entidade está a negociar a presenza de Tim Burton en Mundos Dixitais. Burton é director de filmes tan coñecidos como �Pesadelo antes do Nadal� ou �Eduardo mans de tesoira".

A sección de conferencias e obradoiros contará este ano con profesionais da creación de videoxogos, representantes de empresas de efectos visuais para anuncios e técnicos na formación nesta disciplina. Mundos Dixitais, contará así coa presenza de Marie-Anne Fontenier, directora de Supinfocom, a empresa referencia en Europa, que participará nunha mesa redonda.

Máis de 170 traballos de 24 países diferentes presentáronse ao Festival Internacional de Cortos integrado en Mundos Dixitais. O ano pasado, Chris Landreth recibiu o Premio Especial do Xurado polo seu corto Ryan, traballo polo que posteriormente tamén obtivo un Oscar.


Ligazóns

0/5 (0 votos)